Noticias

AS RUTAS DO VIÑO GALICIA NORTE DE PORTUGAL TEÑEN UN ESPAZO WEB PARA FOMENTAR O ENOTURISMO NA EURORREXIÓN
Data de Publicación: 2010-10-27


O proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, finaciado con fondos europeos do FEDER e incluído no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal, xa dispón dun espazo web no que fomentar o enoturismo como unha nova alternativa na oferta turística deste territorio.

Nesta iniciativa participan a Xunta de Galicia, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rutal, AGADER; A Comissão de Viticultura da Região dos Vinhos Verdes; Turgalicia e o Concello de Rivadavia.

O obxectivo do proxecto é crear, capacitar e promocionar as “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” como instrumento público-privado de cooperación para mellorar a competitividade da industria vitivinícola e o desenvolvemento do enoturismo, así como valorizar a identidade cultural da Eurorrexión.

Unha ruta do viño é “un produto turístico organizado en torno ao eixo temático do viño e localizado nun territorio concreto identificado cunha denominación de orixe vitivinícola. As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico, entre os que se poderán atopar, ademais de adegas, outros establecementos que presten servizos de restauración, hospedaxe, educativos e de ocio e lecer que, cumprindo os requisitos pertinentes, estean adheridos á dita ruta”. Polo tanto, son as pemes os beneficiarios finais deste proxecto.

A área xeográfica de intervención é a correspondente cos concellos que estean incluídos nas cinco denominacións de orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) máis os da D.O. Vinhos Verdes, no norte de Portugal, participando así territorios vitivinícolas que teñen constituído recentemente o seu ente xestor (Rías Baixas, Ribeiro, Vinhos Verdes), con distinto grado de consolidación, con outros que aspiran a telo no período de execución do proxecto.

Co proxecto espérase mellorar a competitividade do viño como recurso estratéxico da economía de Galicia e o Norte de Portugal; mellorar a cooperación público-privada; a internacionalización das Pemes; incrementar o número de enoturistas; e contribuír á diversificación do medio rural.

 

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:

Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia