News

SEMINARIO SOBRE A PROMOCIÓN DO ENOTURISMO A TRAVÉS DOS MEDIOS SOCIAIS
Date of publication: 2010-11-30


Seminario sobre a promoción do enoturismo a través dos medios sociais

O experto en innovación turística, Jimmy Pos, ofreceu unha serie de seminarios nas cinco rutas do viño de Galicia para explicar as novas técnicas e tendencias de promoción e marketing en enoturismo.

Jimmy Pos centrou as súas charlas, organizadas pola Secretaria Xeral de Turismo e AGADER, na utilización das redes sociais, a web 2.0 e os medios sociais para a promoción do sector vitivinícola.

O consultor trasladou aos asistentes a estes talleres exemplos prácticos e casos de éxito no manexo das novas tecnoloxías para fomentar o enoturismo e sintetizou a súa fórmula de traballo na abreviatura I+D+i , como Imaxinación + Diferenciación + interese.

Segundo Pons hai que apostar por un produto imaxinativo e diferenciado pero sen o interese por parte dos empresarios en desenvolver todas as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, non é posible acadar o éxito.

 

 
Contact Members
Appellation of Origin:
Town:

Wine routes of the Euro-region Galicia-Northern Portugal - All rights reserved 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Legal Notice | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia