Enoturismo

unha experiencia auténtica

O turismo do viño é hoxe unha mestura de cultura, calidade, creatividade e autenticidade. O viño coma eixo vertebrador da experiencia turística. Existe unha experiencia para cada ocasión e unha gran variedade de establecementos dispostos a ofrecer o mellor do enoturismo. Ademais das adegas, restaurantes e hoteis, existen outras opcións singulares que completarán a túa experiencia durante estas vacacións, como museos, tendas delicatessen e enotecas.

unha experiencia auténticaElixir unha Ruta é o inicio dunha viaxe auténtica e inesquecible. Fronte ao turismo de masas propónse un modelo de turismo baseado na produción artesanal, e a pequena escala, buscando a autenticidade de cada experiencia vivida dirixida a un público moi esixente. O folclore, a historia, as tradicións configuran a vivencia–enoturística, e confírelle unha identidade propia.

O viaxeiro que elixa esta alternativa turística vai ter unha experiencia chea de sensacións, que o transportan a unha cultura, pobos, paisaxes, tradicións e xentes moldeados polo viño. Poderá mergullarse nun universo infinito de aromas, cores e sabores da terra desta Eurorrexión. Ao final do traxecto levará, en cada sorbo, recordos dun modo de vida tranquilo, gozoso e cheo de alegría.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia