Enoturismo

Factor Anfitrión

Un aspecto de especial importancia para o éxito do desenvolvemento enoturístico é a calidade dos equipamentos turísticos de que dispón o destino. É preciso ter a capacidade de dar resposta e satisfacer as expectativas dos enoturistas.

Máis alá dos valores arquitectónicos das adegas ou da variedade e riqueza do patrimonio ecolóxico e natural, no turismo do viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é esencial o factor anfitrión dos seus adegueiros.  

Factor AnfitriónFacer viño non é moi difícil pero facer bo viño de cada colleita é unha proeza e ese reto fornece aos adegueiros dun carácter especial, que coñece o valor do esforzo e o traballo ben feito; pero tamén a necesidade do descanso e alento que aporta unha cunca de viño. E son capaces de compartilo cos viaxeiros e visitantes.

O viño xunta, serena e inspira. O viño é conversa, diálogo e convivencia, porque todos os viños teñen algo que dicir e cada un ten o seu propio estilo; e os adegueiros son os que mellor poden interpretalos.

Gozar dunha copa de viño, cunha paisaxe única e unha conversa sempre agradable é un deses momentos que nunca se esquecen. É un deses días no que un deixa atrás os problemas e a súa única preocupación é gozar o momento cos amigos, unha excelente comida e sobre todo un bo viño.

O viño é un acompañante perfecto en todos os momentos importantes da vida. Desde que se descorcha unha botella ata que o viño é saboreado como un bálsamo contra a rutina e a monotonía. Pero, como calquera adegueiro pode recomendar, hai que facelo con calma porque beber viño a modo produce máis pracer e durante máis tempo.  

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia