Enoturismo

Viño, Cultura e aventura

A cultura do viño é o eixo temático desta viaxe. A degustación do viño non só implica a capacidade de apreciar o seu sabor e os seus aromas, tamén consiste no descubrimento dunha cultura que se remonta a tempos ancestrais.  O viño nestas terras é moito máis que unha bebida, é unha filosofía, un xeito de vida, un tesouro compartido co viaxeiro.

O viaxeiro atopa unha cultura forxada en torno ao viño, que impregna as súas paisaxes, pobos, monumentos, tradicións e xentes. Os aromas que se respiran e as sensacións que se perciben deixan unha pegada dun modo de entender e vivir a vida. O viño é unha experiencia para os sentidos pero tamén para o coñecemento.

Viño, Cultura e aventuraDetrás dunha copa de viño atópase a pegada dunhas mans curtidas, o sorriso amable das súas xentes, o sabor a froita madura, o cheiro a natureza e o carácter de mil e unha historias. Detrás dunha copa de viño está un faladoiro de amigos; amigos de toda a vida ou novas amizades para sempre.

Sinal de identidade da adega do cultivador, pero referente esencial tamén dunha comarca e dun territorio. Foi o viño esforzada artesanía denantes da creación de novas adegas capaces de producir excelentes caldos mediante unha depurada técnica enolóxica. O viño tiña un valor terapéutico nas mans dos menciñeiros populares. Non se concibía a festa sen viño. Era un produto polivalente, cantado polos poetas enaltecido nos refráns e cantigas populares. Lembremos que “con pan e viño ándase o camiño”.

A viaxe a través do viño na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal tamén é aventura,  porque  o viaxeiro poderá esperar o inesperado, evadirse e  coñecer áreas remotas, das que extraer a uva é todo un reto. Terá a posibilidade de practicar deportes de risco nun territorio idóneo para practicar desde sendeirismo ou cicloturismo ata rafting, escalada ou montañismo. Ao final do día, un momento para o relax cunha cunca de bo viño nas mans é a mellor compañía.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia