Ruta do Viño de Monterrei

Ruta do Viño MonterreiA Ruta do Viño de Monterrei atópase ao sueste da provincia de Ourense e moi cerca da fronteira con Portugal. Trátase da D.O. máis pequena de toda España. Esta Denominación abarca 450 ha. e segue medrando ano a ano.

Está constituída pola conca alta do río Támega que conforma un val limitado por alienacións montañosas. A variedade de hábitats e un microclima mediterráneo no val, tradúcense nunha importante riqueza paisaxística.

A súa proximidade á autovía das Rías Baixas, na mesma entrada de Galicia, pon a este territorio nunha situación con todas as vantaxes no que se refire a accesibilidade tanto para a capital de Galicia, Santiago de Compostela, como coa provincial, Ourense, ou as principais cidades galegas.

O patrimonio histórico da comarca é moi abundante, abranguendo dende a cultura megalítica, a castrexa e a romana (como da fe a súa pertenza á Ruta da Prata) ata tempos máis recentes. Aínda que son os castelos o seu referente máis característico.

Ruta do Viño Monterrei

Outra das súas riquezas son os mananciais mineiro-medicinais, que se atopan por todo o seu territorio. De feito, o turismo termal é unha oferta interesante e perfectamente compatible co enoturismo.

Tampouco se pode esquecer outro dos sinais de identidade de Monterrei, como son as festas do Entroido, as máis emblemáticas de toda Galicia polas súas características peculiares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas en diversas poboacións.

Estas diversas alternativas conflúen na Ruta do Viño de Monterrei como un vínculo de enlace a todas estas posibilidades que ofrece a comarca.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia