Ruta do Viño do Ribeiro

Ruta do Viño ribeiro A Ruta do Viño do Ribeiro está situada na zona occidental da provincia ourensá, nas confluencias dos vales formados polos ríos Miño, Avia, Arnoia e Barbantiño. Trátase da D.O. con maior traxectoria histórica de Galicia, e a súa distribución, a diferenza doutras D.O., non establece subzonas.

A proximidade de aeroportos importantes como o de Vigo e o de Santiago de Compostela ou o escenario futurible que no medio prazo colocará a liña AVE Madrid-Ourense a 15 minutos do centro de O Ribeiro, convérteno nun destino accesible dende os maiores focos da demanda turística estatal: Madrid, Barcelona e todo o norte peninsular.

A súa localización constitúe un potencial para o seu desenvolvemento turístico. A súa proximidade coa capital ourensá e boa accesibilidade viaria pode situalo como Destino no mercado turístico nunha dobre vertente:

1. Como Destino Principal, pola súa proximidade coas principais arterias de comunicación co norte e centro peninsular, así como a corenta minutos de distancia dos aeroportos de Vigo e de Santiago de Compostela.

2. Como Destino Satélite doutras contornas turísticas consolidadas, como son Santiago de Compostela polo norte (45 minutos); Rexión Norte de Portugal polo sur (40 minutos); Rías Baixas polo oeste (45 minutos); Ourense polo leste (15 minutos) e outros destinos como poden ser a estación invernal de Manzaneda en Trives (2 horas).

Panoramica

Trátase da D.O. máis antiga de Galicia. Conta coa protección do Estatuto do Viño dende 1932 e o Consello Regulador foi constituído en 1956. Está formada por 2.749 ha. de viñedo.

A exuberante vexetación formada por carballos, castiñeiros e piñeirais oculta en moitos casos o que foron antigos viñedos, agora en recuperación. O cultivo da vide é o que configura hoxe gran parte da paisaxe. Ademais das adegas, inmensos pazos, pontes romanas, igrexas e capelas románicas e centos de hórreos e cruceiros saen ao encontro do viaxeiro.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia