Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal

Mapa de localización das rutas
Mapa de localización das denominacións de orixe Galegas e a Rexión dos Vinhos Verdes
do Norte de Portugal

Localizada no Noroeste da Península Ibérica, a Eurorrexión formada por Galicia e o Norte de Portugal configúrase actualmente como un espazo de forte interrelación social, económica e cultural, cheo de oportunidades e cun gran potencial de desenvolvemento futuro.

O territorio constituído polas dúas rexións ocupa unha superficie total de 51 mil Km2 (Galicia 29.575 e Norte 21.278) e concentra unha poboación de 6´4 millóns de habitantes (Galicia 2.760.179 e Norte 3.727.313), o que se traduce nunha densidade de poboación de 128 hab/Km2.

A Eurorrexión configúrase claramente como unha rexión natural con moitas semellanzas máis aló das meramente xeográficas e orográficas. Así, por exemplo, a raíz lingüística común supón un piar importante que se une a aspectos estruturais e organizativos.

Sen dúbida, tamén se poden atopar múltiples diverxencias entre ambas áreas, pero poden ser consideradas complementarias de tal forma que a resultante da unión de ambos territorios pode ofrecer máis que a suma dos dous por separado.

En resumo, este breve escenario caracterizador dos dous espazos que constitúen a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal asume un carácter de forte complementariedade pero, simultaneamente, converte a este espazo nunha plataforma territorial fortemente competitiva nun contexto de crecente globalización e internacionalización da economía. As Rutas do Viño constitúen unha excelente oportunidade para coñecer Galicia e o Norte de Portugal a través das súas variedades vinícolas e cuns itinerarios baseados na cultura do viño.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia