Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal

Programa de Cooperación Transfronteriza España-PortugalPrograma Operativo de Cooperación Transfronteriza España-PortugalAprobado pola Comisión Europea o 25 de outubro de 2007, o Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 promove o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal, reforzando as relacións económicas e as redes de cooperación existentes entre as cinco áreas definidas no Programa, estas 5 áreas de cooperación, respectan así as particularidades dos territorios da maior fronteira interior da Unión Europea:

Galicia / Norte de Portugal
Castela e León / Norte de Portugal
Castela e León / Centro de Portugal
Extremadura / Centro / Alentexo
Andalucía / Alentexo / Algarve

Este Programa permite aproveitar as amplas redes de cooperación existentes que se viñeron desenvolvendo desde 1989, con execución de proxectos de infraestruturas materiais, ás que se incorporaron progresivamente outros sectores como o turismo, servizos sociais, medio ambiente, innovación tecnolóxica, sanidade, educación ou cultura.

Os obxectivos do programa son:

Desenvolver as zonas transfronteirizas entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal
Acadar o crecemento económico e o emprego
Perseguir o desenvolvemento sostible
Conseguir unha converxencia económica dos estados membros da U.E.
Evitar toda discriminación ás persoas e facilitar a accesibilidade para os discapacitados

O Programa estrutúrase en 4 eixos prioritarios fundamentais:

  • Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e promoción do emprego: para promover a implantación de estruturas mixtas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico, dinamizar a sociedade da información e economías locais e promocionar as relacións entre empresas e asociacións empresariais e comerciais.
  • Cooperación e xestión conxunta no medio ambiente, patrimonio e contorna natural: para apoio a infraestruturas e servizos ambientais coordinados, xestión conxunta de recursos humanos e materiais en situación de catástrofes, así como proxectos de utilización compartida de recursos enerxéticos.
  • Cooperación e xestión conxunta en accesibilidade e ordenación territorial: reforzar a integración territorial, desenvolver a cooperación entre áreas urbanas e rurais, mellorar as conexións transfronteirizas no ámbito rexional e local, e planificación dunha rede conxunta de infraestruturas loxísticas.
  • Cooperación e xestión conxunta para o fomento da cooperación e integración económica e social: utilización conxunta de equipamentos e servizos, así como potenciar a eficacia das redes de cooperación existentes no ámbito municipal, empresarial, social e institucional.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia