Enoturismo

enoturismo
Por enoturismo enténdese o desenvolvemento das actividades turísticas e de lecer dedicadas ao descubrimento e goce cultural e enolóxico da viña, o viño e o seu territorio.

Consiste en descubrir o viño ao tempo que se fai turismo ou, dito doutro xeito, achegarse a lugares a través da degustación dos seus mellores caldos. Os turistas coñecen cada zona vitivinícola a través da degustación dos seus viños e a visita a adegas e viñedos. As “fábricas” onde se elabora o viño son cada vez máis visitadas e os procesos da elaboración dos distintos caldos son cada vez máis valorados.

O enoturismo é un xeito diferente de viaxar. Unha alternativa pensada para o deleite dos sentidos, que abarca infinidade de posibilidades dende a visita a adegas, cata de viños, paseos por viñedos ou participación en eventos do sector; complementadas con múltiples actividades relacionadas co turismo rural, de patrimonio, de gastronomía ou, incluso de saúde-beleza (viñoterapia) e de aventura.

EnoturismoPara os amantes da arte e da historia, o turismo de viño ofrece a posibilidade de elixir entre rutas de mosteiros e de castelos ou un percorrido polos lugares Patrimonio da Humanidade. Os que prefiren o contacto coa natureza poden realizar un paseo en catamarán polos canóns dos ríos Sil e Miño ou coñecer a “agricultura heroica” das súas empinadas e agrestes ladeiras. E os que optan pola tranquilidade, teñen á súa disposición múltiples casas rurais con encanto, ao pé da adega e dos viñedos, que proporcionan o relax e comodidade necesarios para un descanso reparador.

O importante do enoturismo é camiñar ao amparo do viño, facer camiño descorchando botellas, buscando o lugar axeitado e o momento xusto porque o pracer do viño precisa da harmonía cun mesmo e co momento.

 

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia