A comarca de Monterrei caracterízase pola calidade dos seus viños e a riqueza das súas augas minerais, con numerosos balnearios. O turista tamén pode gozar dun gran patrimonio arquitectónico, con castelos e outros vestixios medievais.
As Rías Baixas son un dos destinos máis visitados de Galicia, debido á variedade da súa paisaxe, ás impresionantes praias, ás entrañables vilas mariñeiras, os ricos mariscos e aos excelentes caldos.
A Ribeira Sacra vén demostrar que a Galicia interior non ten nada que envexar á costeira. A produción vitivinícola neste territorio recibe o nome de “agricultura heroica”, polas dificultades do terreo e do clima.
A Denominación de Orixe do viño do Ribeiro é a máis antiga de Galicia pois está recoñecida desde 1932. Non obstante, a sona destes caldos remóntase á época romana e o propio Miguel de Cervantes menciona o Ribeiro nas súas Novelas Exemplares.
Valdeorras é a porta natural de entrada a Galicia e, ademais de ser unha potencia mundial na produción de pizarra, estas terras ofrecen viños de excelente calidade, tanto na modalidade de tintos como na de brancos.
O Vinho Verde é un produto único no mundo, unha mestura de aroma e levidade que o torna nunha das máis deliciosas bebidas naturais. Producido no noroeste de Portugal, é un viño afroitado, doado de beber e óptimo como aperitivo.
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010