Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Programa operativo: Cooperación Transfronteiriza España-Portugal

O proxecto “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” está cofinanciado polo FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Regional) a través do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal. O obxectivo do proxecto é crear, capacitar e promocionar as “Rutas do Viño da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” como instrumento público-privado de cooperación para mellorar a competitividade da industria vitivinícola e o desenvolvemento do enoturismo, así como valorizar a identidade cultural da Eurorrexión.

Unha ruta do viño é "un produto turístico organizado en torno ao eixo temático do viño e localizado nun territorio concreto identificado cunha denominación de orixe vitivinícola. As rutas inclúen recursos de interese enolóxico, cultural e paisaxístico, entre os que se poderán atopar, ademais de adegas, outros establecementos que presten servizos de restauración, hospedaxe, educativos e de ocio e lecer que, cumprindo os requisitos pertinentes, estean adheridos á dita ruta".  Polo tanto, son as pemes os beneficiarios finais deste proxecto.

As actuacións estarán estruturadas en torno a catro actividades:
Diagnóstico e deseño do produto e da marca “Rutas do Viño”, que comprenderá dúas actuacións: a realización dun estudo de mercado sobre enoturismo e a elaboración do manual de produto “Rutas do Viño”.
Creación e/ou consolidación de estruturas de cooperación público-privadas: constituirase un ente xestor en cada ruta, así como unha comisión de coordinación das rutas da Eurorrexión.
Capacitación e desenvolvemento de produto, organizándose cursos de formación para o persoal técnico dos entes xestores e seminarios en cada D.O. dirixidos ás bodegas e outras pemes e entidades adheridas a cada ruta.
Equipamento, promoción e internalización: promoción de marca, páxina web, actividades de promoción, sinalización, asistencia conxunta a feiras nacionais e internacionais.

A área xeográfica de intervención é a correspondente cos concellos que estean incluídos nas cinco denominacións de orixe de Galicia (Rías Baixas, Ribeiro, Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras) máis os da D.O. Vinhos Verdes, no norte de Portugal, participando así territorios vitivinícolas que teñen constituído recentemente o seu ente xestor (Rías Baixas, Ribeiro, D.O. Vinhos Verdes), con distinto grao de consolidación, con outros que aspiran a telo no período de execución do proxecto.

Co proxecto espérase mellorar a competitividade do viño como recurso estratéxico da economía de Galicia e o Norte de Portugal; mellorar a cooperación público-privada; a internacionalización das Pemes; incrementar o número de enoturistas; e contribuír á diversificación do medio rural.

Partenariado Transfronteirizo''Xefe de Fila: Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Galicia)
''Socio: Turgalicia (Galicia)
''Socio: Concello de Ribadavia (Galicia)
''Socio: Comisión de Viticultura de Regiao dos Vinhos Verdes (Portugal)

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:

Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia