Ruta do Viño Rías Baixas

Rias Baixas LogoA Ruta do Viño Rías Baixas abarca o territorio máis occidental da xeografía galega, percorréndoa dende a fronteira co seu veciño Portugal cara ao norte, por onde se interna xa en territorio da provincia de A Coruña.

Esta Ruta esténdese polo litoral dunha das zonas galegas máis dinámicas, tanto dende o punto de vista económico como de poboación. A gran maioría das adegas atópanse na comarca do Salnés, que constitúe o epicentro das Rías Baixas e o polo económico máis activo, así como o polo de atracción turística máis importante de toda Galicia xunto a Santiago de Compostela.

Localizada en pleno Eixo Atlántico, é atravesada por unha das arterias de comunicación máis importantes de Galicia, a AP-9, que comunica A Coruña con Porto, a segunda capital de Portugal;  e constitúe ademais a vía de comunicación máis importante de Galicia en canto a transporte de pasaxeiros e de mercadorías se refire.

Esta estrutura territorial, a disposición da rede viaria e a localización dos aeroportos de Vigo e Santiago de Compostela, a tan só 40 minutos desta comarca, convértena nunha zona estratéxica para a recepción de turistas e a súa dispersión cara ao oriente galego, nun varrido de todas as comarcas enoturísticas.

Rias Baixas

Estrutura do sector vitivinícola das Rías Baixas.A D.O. Rías Baixas comeza a súa andaina en 1980. Dende entón, a superficie de viñedo acollida á marca de calidade creceu de xeito exponencial. Á cabeza atópase a comarca do Salnés. O Consello Regulador está realizando unha gran labor e hai asociados que teñen un gran volume de negocio, como algunhas adegas que están a comercializar ata cinco marcas propias. É un subsector de pequena e mediana empresa, pero moi ben considerado mundialmente a nivel de marca.

A produción de viño con D.O. constitúe unha fonte de emprego fundamental e unha das rentas agrarias máis importantes de Pontevedra. O cultivo da vide é unha das alternativas máis rendibles do sector agrícola nesta zona. 

O clima é un factor que favorece a visita a esta Ruta tanto no inverno coma no verán. Os invernos son chuviosos pero con temperaturas suaves e ata cálidas e os veráns son calurosos, pero non en exceso.

 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia