Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal

As rutas do viño son unha nova alternativa que integra os recursos e servizos turísticos de interese das zonas vitivinícolas de Galicia e o Norte de Portugal. Un produto turístico de calidade que sirva de elemento diferenciador da oferta tradicional de turismo de masas, contribuíndo ao impulso neste sector e actuando como motor de desenvolvemento económico e cultural da devandita zona.

O viño foise consolidando como parte esencial e característica da cultura galega dende que chegou a estas terras da man dos romanos, aínda que da súa expansión foron responsables os mosteiros do medievo. Na actualidade estase a impulsar un novo tipo de turismo, no que se vincula patrimonio, cultura, tradición e gastronomía.

""

Os que practican esta modalidade turística emerxente non elixen o seu destino por unha única motivación, senón que buscan diversas propostas, que van desde a visita ás adegas, enotecas e museos do viño ata o coñecemento do patrimonio histórico e cultural, a visita a monumentos civís e relixiosos ou o goce dunha variada e rica gastronomía. Esta web é unha ferramenta que axuda a todos os amantes da modalidade turística baseada na cultura do viño a planificar a súa viaxe dun xeito personalizado, para que se converta nunha experiencia a medida, única.

Este sistema ofrece un itinerario cos principais recursos que se pode atopar na súa viaxe. Un instrumento que pretende ser cada vez máis interactivo, flexible e de doada utilización. Búscase unha comunicación bidireccional e participativa que faga posible o deseño dun produto adaptado ás necesidades do enoturista. O viaxeiro é o que decide o seu itinerario e elixe o camiño que vai seguir.


 
Contacta cos socios
Denominación de Orixe:
Poboación:
Rutas do viño de Galicia Norte de Portugal - Todos Os Dereitos Reservados 2010
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Suxestións e queixas | Aviso Legal | Atendémolo/a | RSS
Turgalicia